Rexistro Electrónico Xeral da AXE

Rexistro Electrónico Xeral da AXE

DESCRICIÓN

O Rexistro Electrónico Xeral da AGE é o punto xeral para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións dirixidos as administracións públicas, que non se axusten a procedementos administrativos xa contemplados nas sedes electrónicas das distintas administracións. O Registro Electrónico Xeral da AGE actúa de acordo ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Este servizo é accesible desde Internet para todos os cidadáns con personalidade física ou xurídica, así como para os representantes que actúen no seu nome. Para acceder ao servizo e enviar a solicitude só é necesario dispoñer de DNI electrónico ou certificado dixital, utilizando o sistema Cl@ve.

O interesado debe encher un formulario xenérico e pode achegar a documentación que considere necesaria. Ao enviar a súa solicitude, esta quedará asinada co seu certificado dixital, e chegará de maneira inmediata ao organismo de destino que seleccionase. O Rexistro Electrónico Xeral da AGE devolveralle un xustificante de rexistro que o interesado poderá descargar e imprimir, quedando constancia da súa solicitude e dando validez xurídica ao seu rexistro.

ACCESO AO REXISTRO ELECTRÓNICO XERAL DA AXE

O Rexistro Electrónico Xeral da AXE é accesible desde o Punto de Acceso Xeral:

http://administracion.gob.es/

Os cidadáns (con personalidade física ou xurídica) e os seus representantes poderán presentar as súas solicitudes, escritos e comunicacións accedendo a esta páxina dende Internet, no apartado “Atención e Información”, e subapartado “Rexistro Electrónico da Administración”.

 

ACCESO DIRECTO AO REXISTRO