Información sobre o estado de tramitación dos expedientes de estranxeiría

Información sobre o estado de tramitación dos expedientes de estranxeiría

TÍTULO DO PROCEDEMENTO:

Información sobre o estado de tramitación dos expedientes de estranxeiría

SUMARIO:

Consulta sobre o estado actual no que se atopa a súa autorización de estranxeiría.

ÓRGANO RESPONSABLE:

Dirección Xeral de Coordinación e Administración dos Servizos Periféricos

CORREO ELECTRÓNICO DE CONTACTO DOS RESPONSABLES DO CONTIDO:

Oficina de estranxeiros da provincia correspondente

INSTRUCIÓNS DO PROCEDEMENTO:

Este servizo non está dispoñible para os cidadáns da UNIÓN EUROPEA.

Os cidadáns da UE deberán consultar o estado do seu expediente nas oficinas onde se tramitou a súa tarxeta.

INFORMACIÓN VÍA MENSAXE DE TEXTO SMS

É posible obter información do estado de tramitación dun expediente, a través de mensaxes SMS.

Número de teléfono a onde mandar as mensaxes SMS: 638 44 41 44
Custo do servizo: Sen custe adicional.

Xunto coa información do estado de tramitación, o sistema engadirá unha mensaxe lembrando que os datos que se acaban de proporcionar teñen un carácter simplemente informativo: "Datos de carácter informativo".

INSTRUCIÓNS DA CONSULTA VÍA SMS

Consulta por número de identificación de estranxeiro (NIE)

Como corpo da mensaxe, deberá escribir a palabra NIE e despois o seu número de identificación de estranxeiro (entre ambos, deberá deixar un espazo en branco). Finalmente, envialo ao número 638 44 41 44.

O Número de identificación de estranxeiro ten o formato seguinte:

  • Comeza por X, Y ou Z maiúscula.
  • Contén 8 díxitos: no caso de ser menos de 8 complétase con ceros pola esquerda.
  • Acaba en Letra maiúscula.
  • Ejemplo1: NIE X00000111L
  • Ejemplo2: NIE Y00000123K
Consulta por número de expediente

Como cuerpo del mensaje deberá escribir la palabra EXPE y después el número de expediente (entre ambos, deberá dejar un espacio en blanco). Finalmente enviarlo al número 638 44 41 44.

  • Ejemplo1: EXPE 280020101234567
  • Ejemplo2: EXPE 070120101111111

O número de expediente deberá ter, exactamente, 15 caracteres. A escritura dun número distinto de caracteres devolverá unha mensaxe de erro.

INFORMACIÓN VÍA TELEFÓNICA

É posible obter información do estado de tramitación dun expediente, chamando ao número de teléfono 902 02 22 22.

Lembrámoslle que o sistema proporciona datos de carácter simplemente informativo.

REQUISITOS TÉCNICOS DO PROCEDEMENTO:

Navegador de Internet Microsoft Internet Explorer 7 ou superior, Mozilla Firefox 3.