Renovacións de Autorizacións de Estranxeiría

Renovacións de Autorizacións de Estranxeiría

TÍTULO DO PROCEDEMENTO:

Renovacións de Autorizacións de Estranxeiría

SUMARIO:

Este procedemento ofrece a posibilidade de descargar os impresos necesarios para tramitar a solicitude de renovación das autorizacións de estranxeiría.

ÓRGANO RESPONSABLE:

Dirección Xeral de Coordinación e Administración dos Servizos Periféricos

CORREO ELECTRÓNICO DE CONTACTO DOS RESPONSABLES DO CONTIDO:

Oficina de estranxeiros da provincia correspondente

INSTRUCIÓNS DO PROCEDEMENTO:

Vostede ten a posibilidade de descargar os impresos necesarios para tramitar a solicitude de renovación das autorizacións de estranxeiría.

  • Para as autorizacións de traballo e residencia por conta allea: no caso de non recibir no seu domicilio habitual a carta enviada polo Ministerio de Traballo, onde se lle informa da súa próxima renovación, vostede poderá descargar o mesmo documento desde esta páxina web.
  • Para o resto das autorizacións de estranxeiría: pode acceder á solicitude completada da súa próxima renovación. 

Pasos a seguir:

  • Acceda desde un posto informático con impresora (necesaria para imprimir o documento) e acceso a Internet.
  • Acceda ao Procedemento de Renovacións de autorizacións de estranxeiría.
  • Unha vez impreso o documento de solicitude, deberao entregar en:
    • Rexistros de calquera órgano administrativo das Administración Xeral do Estado, de calquera Administración das Comunidades Autónomas.
    • Nas oficinas de Correos, en sobre aberto e por correo certificado. Indicando no enderezo Postal, a Oficina de Estranxeiría correspondente á tramitación do seu expediente.
  • Unha vez rexistrada a súa solicitude pola Oficina de Estranxeiría correspondente, esta enviaralle por correo certificado, a notificación resolutoria ao seu domicilio habitual.

Para acceder ao servizo é IMPRESCINDIBLE que teña vostede o seu Número de Identificación de Estranxeiros (NIE).

REQUISITOS TÉCNICOS DO PROCEDEMENTO:

Navegador de Internet Microsoft Internet Explorer 7 ou superior, Mozilla Firefox 3.

ACCEDER AO PROCEDEMENTO