Autorización de Armeiros para Empresas de Seguridade

Nos lugares onde prestan servizo os gardas de seguridade con armas ou protección das persoas, debe haber armeiros. Quedan exentos da instalación de armeiros os lugares de traballo nos que a duración do servizo non exceda dun mes.

RESUMO

  • Antes de conceder a autorización solicitarase informe á Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil.
  • A autorización emitirase por un periodo indefinido, mentres non cambien as circunstancias ou motivos que levaron a concedela inicialmente.
  • Á hora de realizar a solicitude electrónica na SEDE deberase dispoñer dun certificado electrónico de persoa física, ou de representante de persoa xurídica.