Catálogo de información pública

Reutilización da información no sector público

Dende esta páxina poderá acceder á información que se atopa publicada dentro da iniciativa do RD 1495/2011, no que se desenvolve a Lei 37/2007 sobre reutilización da información do sector público, para o ámbito do sector público estatal

Datos dispoñibles

Pode consultar o catálogo de datos da Secretaría de Estado de Administracións Públicas facendo click aquí.

Normativa asociada

Directiva 2003/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de novembro de 2003, relativa á reutilización da información do sector público.

Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público. Transpón a Directiva 2003/98/CE, do 17 de novembro de 2003.

Real decreto 1495/2011, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, para o ámbito do sector público estatal.

Contacte connosco
Desexa solicitar que incluamos algún tipo de información que sexa do ámbito desta sede electrónica?

Siga esta ligazón

Desexa realizarnos algunha queixa ou suxestión sobre a información actualmente publicada ou sobre como mellorar este servizo?

Siga esta ligazón

Aviso legal
Obrigatoriedade das condicións xerais

As presentes condicións xerais, dispoñibles con carácter permanente baixo “www.datos.gob.es/avisolegal”, vincularán a calquera axente reutilizador polo mero feito de usar os documentos sometidos a elas.

Autorización de reutilización e cesión non exclusiva de dereitos de propiedade intelectual

As presentes condicións xerais permiten a reutilización dos documentos sometidos a elas para fins comerciais e non comerciais. Enténdese por reutilización o uso de documentos que obran en poder dos órganos da Administración Xeral do Estado e os demais organismos e entidades do sector público estatal referidos no artigo 1.2 do Real decreto 1495/2011, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público estatal, por persoas físicas ou xurídicas, con fins comerciais ou non comerciais, sempre que o devandito uso non constitúa unha actividade administrativa pública. A reutilización autorizada inclúe, a modo ilustrativo, actividades como a copia, difusión, modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación da información.

O concepto de documento é o establecido no apartado 2 do artigo 3 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, polo que comprende toda a información calquera que sexa o seu soporte material ou electrónico así coma a súa forma de expresión gráfica, sonora ou en imaxe utilizada, incluíndo, en consecuencia, tamén os datos nos seus niveis máis desagregados ou “en bruto”.

Esta autorización leva, así mesmo, a cesión gratuíta e non exclusiva dos dereitos de propiedade intelectual, se é o caso, correspondentes a tales documentos, autorizándose a realización de actividades de reproducción, distribución, comunicación pública ou transformación, necesarias para desenvolver a actividade de reutilización autorizada, en calquera modalidade e baixo calquera formato, para todo o mundo e polo prazo máximo permitido pola lei.

Condicións xerais para a reutilización

Son de aplicación as seguintes condicións xerais para a reutilización dos documentos sometidos a elas:

  1. Está prohibido desnaturalizar o sentido da información.
  2. Debe citarse a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta cita poderá realizarse da seguinte maneira: “Orixe dos datos: Secretaría de Estado de Administracións Públicas”
  3. Debe mencionarse a data da derradeira actualización dos documentos obxecto da reutilización, sempre cando estivera incluída no documento orixinal.
  4. Non se poderá indicar, insinuar ou suxerir que a Secretaría de Estado de Administracións Públicas titular da información reutilizada participa, patrocina ou apoia a reutilización que se leve a cabo con ela
  5. Deben conservarse, non alterarse nin suprimirse os metadatos sobre a data de atualización e as condicións de reutilización aplicables incluídos, se é o caso, no documento posto a disposición para a súa reutilización
Exclusión de responsabilidade

A utilización dos conxuntos de datos realizarase por parte dos usuarios ou axentes da reutilización baixo a súa propia conta e risco, correspondéndolles en exclusiva a eles responder fronte a terceiros por danos que poideran derivarse dela.

A Secretaría de Estado de Administracións Públicas non será responsable do uso que da súa información fagan os axentes reutilizadores nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da información reutilizada. A Secretaría de Estado de Administracións Públicas non garante a continuidade na posta a disposición dos documentos reutilizables, nin no contido nin a forma, nin asume responsabilidades por calquera erro ou omisión contido neles.

Responsabilidade do axente reutilizador

O axente reutilizador atópase sometido á normativa aplicable en materia de reutilización da información do sector público, incluíndo o réxime sancionador previsto no artigo 11 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.