Calendario de días inhábiles

Calendario de días inhábiles

Calendario de días inhábiles

No artigo 30.7 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, determínase que a Administración xeral do Estado fixará, con suxeición ao calendario laboral oficial e no seu respectivo ámbito, o calendario de días non laborables a efectos do cálculo dos prazos. Tamén se establece que o devandito calendario debe publicarse antes do comezo de cada ano no diario oficial correspondente, así como noutros soportes que garantan o seu coñecemento xeral.

Como novidade, a citada Lei 39/2015, no seu artigo 30.2, exclúe os sábados do cómputo de prazos.

No ámbito da Administración xeral do Estado, o calendario de días inhábiles é publicado polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública, a través da Secretaría de Estado de Política Territorial e Función Pública.

En consecuencia, pode consultar o calendario de días inhábiles aprobados para o ano 2023: Resolución de 1 de diciembre de 2022, de la Secretaría de Estado de Función Pública, por la que se establece a efectos de cómputo de plazos, el calendario de días inhábiles en el ámbito de la Administración General del Estado para el año 2023.